Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 19 de setembro de 2018 Páx. 42818

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2018 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de desenvolvemento dun sistema de xestión e tramitación electrónica integral de procedementos transversais de atención á cidadanía, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente 2017/PA/0078).

missing image file

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: o obxecto desta contratación é o deseño, desenvolvemento e posta en marcha do Sistema de información de soporte aos trámites de queixas, suxestións, reclamacións ou peticións de información. Inclúense nesta actividade o deseño conceptual e tecnolóxico do sistema; a contrución do sistema; integración cos compoñentes transversais corporativos de Administración electrónica; participación na instalación nos contornos tecnolóxicos corporativos da Xunta de Galicia; a implantación e posta en marcha efectiva; adecuación e mellora do sistema durante o período de postimplantación.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG: 6.10.2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 208.386,67 € (sen IVE).

5. Orzamento base de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 208.386,67 € máis 43.761,20 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 252.147,87 €, que se distribúe nas seguintes anualidades:

• 2017: 31.258,00 € + IVE (6.564,18 €) = 37.822,18 €.

• 2018: 177.128,67 € + IVE (37.197,02 €) = 214.325,69 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 1.6.2018.

b) Data de formalización do contrato: 5.9.2018.

c) Contratista: Altia Consultores, S.A.

d) Importe de adxudicación: 219.973,80 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2018

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia