De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal en dúas ocasións, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia. Así mesmo, a eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).
O acto foi adoptado pola xefa territorial.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería do Medio Rural, sita na rolda da Muralla, nº 70.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.
Lugo, 29 de agosto de 2018
María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: MON-LU-0020/2018-FOR.
Interesada: María López Rodríguez.
Acto notificado: proposta de resolución.
Expediente: MON-LU-0037/2018-IO.
Interesada: Agustina Iannella Lema.
Acto notificado: proposta de resolución.
Expediente: MON-LU-0045/2018-V.
Interesado: Nilo Morán Franco.
Acto notificado: proposta de resolución.