Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 18 de setembro de 2018 Páx. 42711

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 22 de agosto de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se notifican requirimentos de cumprimento de trámites a entidades inscritas no Rexistro administrativo de centros especiais de emprego de Galicia, ao abeiro do disposto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo.

Logo de intentada a notificación persoal, e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 30 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio notifícanse ás entidades interesadas os requirimentos sinalados no anexo emitidos desde o Rexistro administrativo de centros especiais de emprego de Galicia, dependente da Secretaría Xeral de Emprego.

As entidades dispoñen dun prazo de dez (10) días hábiles, que se contará desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, para atender o requirimento efectuado. En caso contrario, procederase ao inicio da tramitación do correspondente expediente de descualificación e baixa da inscrición no dito Rexistro administrativo, de conformidade co disposto no artigo 9 do Decreto 200/2005, do 7 de xullo.

Indícaselles ás entidades interesadas que teñen á súa disposición o contido íntegro da resolución, así como a totalidade do expediente administrativo, nas dependencias da Secretaría Xeral de Emprego, situadas no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, andar 0, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2018

A secretaria xeral de Emprego
P.A. (Disposición adicional primeira do Decreto 135/2017, do 28 de decembro)
José Alfonso Marnotes González
Director xeral de Orientación e Promoción Laboral

ANEXO

1. Entidade: Creaciones Led, S.L.

NIF: B70320494.

Enderezo: estrada de Castela, nº 169, baixo, Narón (A Coruña).

Nº inscrición: 140-GZ.

Contido do acto obxecto de notificación: requirimento de presentación da memoria anual dos centros especiais de emprego prevista no artigo 8 do Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro administrativo de centros especiais de emprego de Galicia, e a súa organización e funcionamento.

2. Entidade: Integración y Personas, S.L.

NIF: B70353792.

Enderezo: r/ Cruceiro de Sar, nº 17, baixo, Santiago de Compostela (A Coruña).

Nº inscrición: 143-GZ.

Contido do acto obxecto de notificación: requirimento de presentación da memoria anual dos centros especiais de emprego prevista no artigo 8 do Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro administrativo de centros especiais de emprego de Galicia, e a súa organización e funcionamento.