Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 18 de setembro de 2018 Páx. 42710

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Centro de Formación Alborada, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 74 da Lei 14/2011, do 16 de decembro, pola que se modifica a Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e no artigo 53 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas, fago público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a modificación de estatutos sociais da entidade Centro de Formación Alborada, S. Coop. Galega, acordada na asemblea xeral do 16 de xullo de 2018, no Rexistro Provincial de Lugo. Consta como novo capital social mínimo 76.000,00 €.

Lugo, 6 de setembro de 2018

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo