Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 18 de setembro de 2018 Páx. 42715

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 3 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 31 de agosto de 2018 de autorización de cambio de actividade forestal a agrícola da parcela 19 do polígono 17 do termo municipal de Friol.

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 31 de agosto de 2018, o cambio de actividade forestal a agrícola da parcela 19 do polígono 17 do termo municipal de Friol (Lugo).

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 8 de agosto de 2018.

Lugo, 3 de setembro de 2018

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo