Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 14 de setembro de 2018 Páx. 42504

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 21 de agosto de 2018, da Xerencia Municipal de Urbanismo, de aprobación inicial do instrumento de ordenación provisional de expediente 16022/411.

O Pleno do Concello, en sesión ordinaria do día 18 de xullo de 2018, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar inicialmente o instrumento de medidas de ordenación tramitado no expediente 16022/411, elaborado polos servizos técnicos municipais e asinado electronicamente en xuño de 2018, nomeado V4. Documento para aprobación inicial.

Segundo. Someter o instrumento inicialmente aprobado a información pública, polo prazo de vinte días, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia, nun dos xornais de maior difusión na provincia, no Portal de transparencia e na sede electrónica municipal. Así mesmo, notificarase individualmente a todas as persoas titulares catastrais de terreos afectados. Durante o mesmo tempo en que se realiza o trámite de información pública, solicitaranse das administracións públicas competentes os informes sectoriais e as consultas que resulten preceptivos. Os informes sectoriais autonómicos deberán ser emitidos no prazo máximo dun mes, transcorrido o cal se entenderán emitidos con carácter favorable.

Terceiro. Declarar a suspensión, polo prazo máximo de dous anos, do procedemento de outorgamento de licenzas de parcelamento, edificación e demolición nos ámbitos do territorio en que as novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente, nos termos previstos na lexislación vixente e de acordo co reflectido no resumo executivo incorporado ao instrumento de ordenación provisional inicialmente aprobado. Esta suspensión levantarase, en todo caso, unha vez aprobado definitivamente o dito instrumento».

O documento inicialmente aprobado recupera do PXOM 08 parte de solo urbano consolidado remitido ás ordenanzas 3, 4, 6, 7, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15 e 16 (AOP-02 Vista Alegre, AOP-03 Rosalía de Castro 1, AOP-04 Camilo J. Cela (Jacinto Benavente), AOP-08 Filipinas-Couto, AOP-09 San Gregorio, AOP-11 Tomás A. Alonso, AOP-12 Pastora, AOP-13 Arquitecto Palacios (Finca do Conde), AOP-15 Porto de Canido (Canido-Porto), AOP-16 Povisa, AOP-17 Avda. Atlántida (Sensat), AOP-18 Subida á Costa (Colina de Castrelos), AOP-20 Pitieira e AOP-21 Cordelerías Mar e dous ámbitos de solo urbano non consolidado: AOD A-3-10 Esturáns (Polígono II) e AOD A-3-37 Tomás Paredes. O expediente íntegro atoparase á disposición do público en xeral, durante o período de información pública, na páxina web do Concello de Vigo (http://hoxe.vigo.org/movemonos/urb_plan_gest_1aa.php?lang=gal#/), no portal de transparencia, así como no departamento municipal de Información da Xerencia de Urbanismo (sito na planta baixa do edificio da Xerencia de Urbanismo, praza do Rei, s/n), das 9.00 ás 13.30 horas, para a súa consulta e a presentación de cantos documentos ou escritos de alegacións consideren convenientes.

Vigo, 21 de agosto de 2018

O presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo
P.D. (Resolución do 6.7.2015)
María José Caride Estévez
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo