Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 14 de setembro de 2018 Páx. 42506

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilaboa

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións para acondicionamento de vivenda unifamiliar para albergue turístico no concello de Vilaboa.

Segundo consta na acta correspondente do Pleno do Concello de Vilaboa, en sesión ordinaria do 27 de xullo de 2018, adoptou, entre outros, o acordo de aprobar inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións para acondicionamento de vivenda unifamiliar para albergue turístico no concello de Vilaboa, segundo proxecto redactado por Certivedra rehabilitación, e asinado con data 12 de xullo de 2018.

En virtude do disposto polo artigo 75 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia e polo artigo 186 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o regulamento da Lei 2/2016, o expediente de referencia queda sometido a información pública polo prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que se produza a presente publicación no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo as persoas interesadas poderán examinar o seu contido no Departamento de Urbanismo do Concello de Vilaboa (Toural-1/Vilaboa), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e presentar alegacións se o consideran oportuno.

Vilaboa, 5 de setembro de 2018

José Luis Poceiro Martínez
Alcalde