Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 11 de setembro de 2018 Páx. 41946

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica LAT 132 kV evacuación PE montes de Abella modificado, no concello de Triacastela (expediente IN408A 2017/30 AT).

Con data do 16 de xullo de 2018, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas ditou resolución pola que se outorgan á empresa Inverólica de Abella, S.L. as autorizacións administrativa previa e de construción, se declara a utilidade pública, en concreto, así como a prevalencia con diversos aproveitamentos forestais, dunha instalación eléctrica denominada LAT 132 kV evacuación PE montes de Abella modificado (DOG núm. 156, do 17 de agosto de 2018) que afecta os concellos de Láncara e Triacastela.

Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou da adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

De acordo co anterior, esta xefatura territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar todas as persoas afectadas coas cales non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se insire como anexo a esta resolución e que se expón tamén no taboleiro de anuncios do Concello de Triacastela, deducida da que se someteu a información pública no diario El Progreso do 25 de xaneiro de 2018 e no Diario Oficial de Galicia do 25 de xaneiro de 2018, para que comparezan o día 24 de setembro de 2018 no concello sinalado como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación.

Desta convocatoria darase traslado aos interesados mediante a oportuna citación individual, na cal se sinalará día e hora para o levantamento das actas previas. Así mesmo, no taboleiro de anuncios do Concello de Triacastela estará exposta a data do levantamento das actas. Todos os interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados pola persoa debidamente autorizada, e achegarán os documentos acreditativos da súa titularidade. Poderanse acompañar dos seus peritos e dun notario pola súa conta (artigo 52.3 da Lei de expropiación forzosa).

Así mesmo, advírteselles a todos os interesados que poderán formular alegacións por escrito nesta xefatura territorial (rolda da Muralla, 70, Lugo) ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de corrixir os posibles erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos que determina o artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar (sen prexuízo da correspondente publicación no BOE) e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 20 de agosto de 2018

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados pola LAT 132 kV
evacuación PE montes de Abella modificado

Concello de Triacastela

Predio nº

Ref. catastral

Lugar

Propietario

Tipo de cultivo

Afección

Apoio

Voo

Pol. nº

Parc. nº

Nome e apelidos

Enderezo

Superficie
(m2)

Lonxitude
(m)

Superficie
(m2)

42

9

485

Bargado

María del Carmen Rodríguez Rodríguez

Santalla, nº 26
27639 Triacastela (Lugo)

Prado

 

 

40

389

43

9

486

Bargado

María del Carmen Rodríguez Rodríguez

Santalla, nº 26
27639 Triacastela (Lugo)

Prado

 

 

40

809

47

9

471

Bouzas

Fernando Cela Castro

Casa Torre, Santalla, nº 6
27639 Triacastela (Lugo)

Mato

 

 

18

564

60

11

44

Arbuxan

José Manuel Carballo Santín

Casa Armesto, Santalla
27639 Triacastela (Lugo)

Prado e mato

AP-15 (AP-20)

100

233

6716

62

11

50

Espiño

Sergio Rodríguez López

Casa Casucho, Santalla, nº 5
27639 Triacastela (Lugo)

Prado e mato

 

 

21,1

625

63

11

51

Espiño

María del Carmen Rodríguez Rodríguez

Santalla, nº 26
27639 Triacastela (Lugo)

Prado

 

 

81,3

2449

64

11

52

Espiño

María del Carmen Rodríguez Rodríguez

Santalla, nº 26
27639 Triacastela (Lugo)

Prado

AP-16 (AP-21)

100

55,1

1541

67

12

58

Espiño

José Manuel Rubio Valcárcel

Vilaesteva, nº 16, Láncara (Lugo)

Prado

AP-17 (UFD)

100

39,7

1152