Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 11 de setembro de 2018 Páx. 41949

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 30 de agosto de 2018, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2017438AL-CO por infracción en materia sanitaria.

Con data do 26 de xullo de 2018, o director xeral de Saúde Pública ditou resolución do expediente sancionador 2017438AL-CO incoado na Xefatura Territorial da Coruña a Showcooking Gastronomía al Vacío, S.L.

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e ao non ser posible a súa práctica; por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, notifícase a Showcooking Gastronomía al Vacío, S.L. o contido da resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste ao abeiro do disposto no artigo 121.1 da Lei 39/2015, para interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 122 da mesma lei, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da Dirección Xeral de Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De acordo co establecido no artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, o prazo de ingreso en período voluntario realizarase: 1) se a notificación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte e, 2) se a notificación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou o inmediato hábil seguinte; todo iso mediante ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de Abanca, do BBVA transacción 1316, NIF S1511001H, Santander ou http://www.cixtec.es/conselleria, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta dirección xeral. O pagamento voluntario porá fin ao expediente.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da citada Lei 39/2015. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2018

O director xeral de Saúde Pública
(Por delegación de sinatura do 27.8.2018)
Ángel Gómez Amorín
Subdirector xeral de Programas de Control de Riscos Ambientais para a Saúde

ANEXO

Nº expediente: 2017438AL-CO.

Interesada: Showcooking Gastronomía al Vacío, S.L.

Documento de identificación: B70330303.

Último enderezo coñecido: rúa Gambrinus, 43B, polígono A Grela, 15008 A Coruña.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Tipificación: grave.

Resolución: sanción de 5.301,00 €.