Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 11 de setembro de 2018 Páx. 41961

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 28 agosto de 2018 pola que se fai pública a formalización de varios contratos de obras.

A. Contrato de obras consistente na rehabilitación enerxética do edificio de 6 VPP situado nas Felgosas, 31, Cerdido, A Coruña, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (expediente C-2017/REE 01).

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: rehabilitación enerxética do edificio de 6 VPP situado nas Felgosas, 31, Cerdido, A Coruña.

b) Prazo de execución: catro (4) meses, que terá, en todo caso, carácter de prazo máximo.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: douscentos catro mil catrocentos dous euros con oito céntimos (204.402,08 €), IVE excluído.

b) IVE (21 %): corenta e dous mil novecentos vinte e catro euros con corenta e catro céntimos (42.924,44 €).

c) Importe total: douscentos corenta e sete mil trescentos vinte e seis euros con cincuenta e dous céntimos (247.326,52 €).

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 16 de xullo de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 17 de xullo de 2018.

c) Contratista: Copcisa, S.A.

d) Importe de adxudicación: cento setenta e sete mil catrocentos oitenta e dous euros con trinta e tres céntimos (177.482,33 €).

e) Vantaxes das ofertas adxudicatarias: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o procedemento.

B. Contrato de obra para a rehabilitación dun edificio para 1 VPP na rúa da Torre, 17, Betanzos, A Coruña (expediente C-2017/CH 05).

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: rehabilitación dun edificio para 1 VPP na rúa da Torre, 17, Betanzos, A Coruña.

b) Prazo de execución: doce (12) meses, que terá, en todo caso, carácter de prazo máximo.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: douscentos cinco mil cento vinte e sete euros con corenta e cinco céntimos (205.127,45 €), IVE excluído.

b) IVE (10 %): vinte mil cincocentos doce euros con setenta e cinco céntimos (20.512,75 €).

c) Importe total: douscentos vinte e cinco mil seiscentos corenta euros con vinte céntimos (225.640,20 €).

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 20 de xullo de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 27 de xullo de 2018.

c) Contratista: Obras y Viales de Galicia, S.L.

d) Importe de adxudicación: cento setenta e catro mil dezaoito euros con dezaoito céntimos (174.018,18 €).

e) Vantaxes das ofertas adxudicatarias: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o procedemento.

C. Contrato de obras para a construción dun edificio de 26 vivendas de promoción pública, garaxes e roxos na parcela 8-U.A.03 do PERI de Chantada, Vigo (Pontevedra) (expediente PO-2015/010).

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: construción dun edificio de 26 vivendas de promoción pública, garaxes e rochos na parcela 8-U.A.03 do PERI de Chantada, Vigo (Pontevedra).

b) Prazo de execución: vinte e catro (24) meses, que terá, en todo caso, carácter de prazo máximo.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: tres millóns oitenta e catro mil novecentos trinta e dous euros con setenta céntimos (3.084.932,70 €), IVE excluído.

b) IVE (10 %): trescentos oito mil catrocentos noventa e tres euros con vinte e sete céntimos (308.493,27 €).

c) Importe total: tres millóns trescentos noventa e tres mil catrocentos vinte e cinco euros con noventa e sete céntimos (3.393.425,97 €).

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 6 de agosto de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 9 de agosto de 2018.

c) Contratista: Construcciones Ramírez, S.L.

d) Importe de adxudicación: dous millóns setecentos dez mil cento trece euros con trinta e oito céntimos (2.710.113,38 €).

e) Vantaxes das ofertas adxudicatarias: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o procedemento.

D. Contrato de obras consistente na elaboración do proxecto construtivo, execución de obra e prestación de servizos complementarios para a construción de 6 vivendas modulares e a execución da urbanización correspondente no concello de Cenlle, Ourense (expediente OU-2017/010).

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: redacción do proxecto construtivo para a construción de 6 vivendas modulares prefabricadas e a súa urbanización, a execución das obras correspondentes e a prestación dos servizos complementarios de dirección de obra, dirección de execución e coordinación de seguridade e saúde.

b) Prazo de execución: dez (10) meses, que terá, en todo caso, carácter de prazo máximo.

Prazos parciais:

• Prazo de elaboración do proxecto construtivo e do proxecto de urbanización do ámbito: 2 meses.

• Prazo de execución das obras: 8 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: novecentos vinte e catro mil euros (924.000,00 €), IVE excluído.

Edificación: oitocentos dez mil euros (810.000,00 €).

Urbanización: cento catorce mil euros (114.000,00 €).

b) IVE (10 %): oitenta e un mil euros (81.000,00 €).

IVE (21 %): vinte e tres mil novecentos corenta euros (23.940,00 €).

c) Importe total: un millón vinte e oito mil novecentos corenta euros (1.028.940,00 €).

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 12 de agosto de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 22 de agosto de 2018.

c) Contratista: Decoración, Instalaciones y Construcciones, S.A.U.

d) Importe de adxudicación: oitocentos oito mil douscentos dez euros con trinta e nove céntimos (808.210,39 €).

e) Vantaxes das ofertas adxudicatarias: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o procedemento.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2018

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo