Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 7 de setembro de 2018 Páx. 40276

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 4 de setembro de 2018 pola que se engade unha disposición transitoria a Orde do 7 de xuño de 2018, pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional entre o persoal docente pertencente ao corpo de inspectores de Educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (ED002B).

A Orde do 4 de setembro de 2018 pola que se engade unha disposición transitoria a Orde do 7 de xuño de 2018, pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional entre o persoal docente pertencente ao corpo de inspectores de Educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (ED002B, estable no seu artigo 2.1.j) que «En todo caso, o persoal interino e substituto estará obrigado a efectuar, como mínimo, unha solicitude por un dos corpos. De non facelo, o persoal interino ou substituto decaerá dos seus dereitos en todas as listas». O mesmo se indica no artigo 39.2.

A mencionada Orde do 7 de xuño de 2018 establecía por primeira vez a obrigatoriedade de que a solicitude se presentase obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Resulta razoable que no primeiro ano desta primeira solicitude obrigatoria na sede electrónica se excepcionen os efectos negativos do seu incumprimento, incorporando unha disposición transitoria á Orde do 7 de xuño de 2018.

Na súa virtude, esta Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Artigo único

Engádese unha disposición transitoria oitava a Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional entre o persoal docente pertencente ao corpo de inspectores de Educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (ED002B), coa seguinte redacción:

«Disposición transitoria oitava. Efectividade dos artigos 2.1.j) e 39.2 da presente orde

O parágrafo segundo do artigo 2.1.j) e 39.2 desta orde entrarán en vigor coa solicitude que deberá formularse para o curso académico 2019/20.

Aquelas persoas que non realicen a solicitude de praza para o curso académico 2018/19 non perderán o seu posto na lista ou listas correspondentes e poderán ser chamados para realizar interinidades ou substitucións, unha vez efectuada a adxudicación definitiva dos destinos provisionais para o curso académico 2018/19».

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria