Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 6 de setembro de 2018 Páx. 40144

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de auto e decreto (ETX 142/2018).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no proceso seguido por instancia de Leoarnaldo Pimentel Linares contra Aparcamiento Labacolla, S.L. acordouse notificar parte a dispositiva do auto e Decreto do 14 de agosto de 2018 ditado no procedemento ETX 142/2018 a Aparcamiento Labacolla, S.L., en ignorado paradoiro:

Auto:

«Parte dispositiva.

Dispoño: que debo estimar e estimo a pretensión de extinción da relación laboral formulada por Leoarnaldo Pimentel Linares, asistido polo letrado Sr. de Acosta González, contra a mercantil Aparcamiento Labacolla, S.L., e contra o Fondo de Garantía Salarial (tamén Fogasa), e, en consecuencia, debo efectuar e efectúo os pronunciamentos seguintes:

Declaro extinguida a relación laboral existente entre o agora executante e a empresa agora executada á data da presente resolución xudicial, día 14 de agosto de 2018, e condeno a executada a aboar ao executante a cantidade de 14.517,50 euros en concepto de indemnización por despedimento improcedente; máis 15.040,55 euros en concepto de salarios de tramitación deixados de percibir pola traballadora desde a data de efectos do seu despedimento (día 12 de setembro de 2017) ata a data do presente auto de extinción da relación laboral (día 14 de agosto de 2018); máis 1.360,18 euros en concepto de saldo ou liquidación máis a cantidade que procede calcular en ulterior fase de execución de sentenza en concepto de xuro legal por demora no pagamento do salario (ao 10 % anual), de acordo co disposto no artigo 29.3 do ET en consonancia co artigo 26 do mesmo texto legal (sendo, neste suposto, cantidades de natureza salarial o total das que reúne o principal de condena).

Para o caso de que non se paguen as citadas cantidades a que se condenou a parte agora executada, despois de acordarse xa na presente execución a orde xeral e despacho desta, para a continuación dos trámites previstos no artigo 551.3 da LAC, estéase ao decreto que ditará a secretaria xudicial deste órgano social número 3 de Santiago de Compostela e continúese a execución pola cantidade total que corresponda coa suma das que resulten, ex articulo 251.1 da Lei reguladora da xurisdición social.

Notifíquese este auto ás partes comparecidas facéndolles saber que este non é firme e que contra el cabe interpor recurso de reposición no prazo de tres días contados desde o día seguinte ao de notificación, de acordo co disposto nos artigos 186, seguintes e concordantes da nosa Lei reguladora da xurisdición social.

Así o pronuncio, mando e asino, por esta miña sentenza, da cal se unirá testemuño literal aos autos orixinais, eu, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

A xuíz substituta

A letrada da Administración de xustiza».

Decreto:

«Parte dispotiva.

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir de pagamento a Aparcamiento Labacolla, S.L., polas cantidades referidas no auto do día da data, en concepto de principal e xuros producidos, se é o caso, ata a data da demanda, e, se non pagar no prazo de dez días, procédase ao embargo dos seus bens na medida suficiente para responder pola cantidade por que se despachou execución máis as custas desta, librando para o efecto mandado ao servizo común de actos de comunicación.

– Requirir a Aparcamiento Labacolla, S.L., para que no prazo de dez días manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderánselle impor tamén multas coercitivas periódicas.

Entidade: Banco Santander. Número de conta: 5076 0000 64 0142 18.

Poñer en coñecemento do Rexistro Público Concursal o auto do 14 de agosto de 2018 polo que se despacha execución, con expresa especificación do número de identificación fiscal do debedor contra quen se despachou execución (artigo 551.3 parágrafo final).

Notifíquese ás partes facéndolles saber que en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes á notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 00301846420005001274 aberta no Banco Santander, coa indicación “recurso” no campo concepto seguida do código “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír a seguir da conta referida, separados por un espazo, a indicación “recurso” seguida do “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada no formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación a Aparcamiento Labacolla, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2018

A letrada da Administración de xustiza