Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 5 de setembro de 2018 Páx. 40099

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Laracha

ANUNCIO da aprobación definitiva de expropiación da ampliación da parcela do depósito de Cillobre.

A Xunta de Goberno local en sesión extraordinaria con data do 24 de agosto de 2018, resolveu as alegacións presentadas e acordou aprobar definitivamente o expediente expropiatorio polo procedemento de taxación conxunta para efectos da obtención dos terreos afectados polo Plan especial de infraestruturas de servizo do SIXS de abastecemento de auga e saneamento, na acción IS-02 «Ampliación da parcela do depósito. A Torre de Cillobre. Torás» segundo proxecto expropiatorio redactado para o efecto.

O acordo de aprobación definitiva implicará, de conformidade co artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados.

O contido do acordo notificarase de xeito individualizado a todos os que aparezan como titulares de bens ou dereitos que figuran no expediente, conferíndolles un prazo de vinte (20) días, durante os que poderán manifestar por escrito a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado.

A Laracha, 28 de agosto de 2018

José Manuel López Varela
Alcalde