Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 5 de setembro de 2018 Páx. 40098

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Laracha

ANUNCIO de aprobación definitiva da expropiación da ampliación das instalacións do IES Leborís.

A Xunta de Goberno local en sesión extraordinaria con data do 24 de agosto de 2018, resolveu as alegacións presentadas e acordou aprobar definitivamente o expediente expropiatorio polo procedemento de taxación conxunta para efectos da obtención dos terreos afectados polo Plan especial de ampliación de dous equipamentos educativos na actuación denominada «Ampliación das Instalacións do IES Agra de Leborís», na Laracha, parroquia de Torás segundo proxecto expropiatorio redactado para o efecto.

O acordo de aprobación definitiva implicará, de conformidade co artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados.

O contido do acordo notificarase de xeito individualizado a todos os que aparezan como titulares de bens ou dereitos que figuran no expediente, conferíndolles un prazo de vinte (20) días, durante os que poderán manifestar por escrito a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado.

A Laracha, 28 de agosto de 2018

José Manuel López Varela
Alcalde