Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 5 de setembro de 2018 Páx. 40100

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadeo

ANUNCIO sobre incumprimento de xestión de biomasa.

Con data do 10 de agosto de 2018, expediente 421/2018, o alcalde-presidente do Concello de Ribadeo ditou resolución en relación ás parcelas que no termo municipal de Ribadeo se encontran irregulares en canto á xestión da biomasa vexetal e/ou retirada de especies arbóreas prohibidas co fin de protexer as persoas e os bens fronte aos incendios forestais, unha vez finalizado o mes de maio de 2018.

Comunícase que será publicada a través do taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE) a relación de parcelas das que non se dispón de datos suficientes para a súa notificación, así como aquelas nas que se considera que a notificación efectuada a un só interesado é insuficiente.

As persoas responsables disporán dun prazo de quince (15) días naturais desde a publicación no BOE para adaptar as súas parcelas á legalidade.

Indícase que o texto íntegro do acto que se notificará, así como o expediente no seu conxunto, se encontran á disposición dos interesados para o seu exame e coñecemento nas dependencias de Medio Ambiente do Concello de Ribadeo.

Ribadeo, 13 de agosto de 2018

Fernando Suárez Barcia
Alcalde