A Consellería de Política Social convocou para o ano 2018, a través da Orde do 27 de xuño de 2018 (DOG núm. 132, do 11 de xullo) axudas para o investimento na mellora das infraestruturas e equipamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social.
A partida orzamentaria con cargo á cal se financian estas axudas ten un cofinanciamento do 80 % do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo 2014-2020.
O prazo e a forma de presentación de solicitudes están regulados no artigo 7 de Orde do 27 de xuño, e no artigo 8 determínase a documentación que se deberá xuntar coa solicitude.
Una vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución do procedemento, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros, ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.
Segundo establece o artigo 7 da Orde do 27 de xuño de 2018 e de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, o órgano responsable da tramitación do expediente requirirá á entidade solicitante para que, no prazo de dez (10) días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, coa advertencia de que, de non o facer, considerarase que desistiu da súa petición, logo de que se dite resolución nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015.
Así mesmo, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e consonte o indicado no artigo 45 da citada Lei 39/2015, e tal como sinala o artigo 14 da Orde do 27 de xuño, pola que se convocan as axudas, os requirimentos de emenda faranse mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os efectos da notificación.
De acordo co establecido no artigo 8.6 da Orde do 27 de xuño de 2018, todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados de xeito electrónico a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
Polo exposto,
DISPOÑO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non están debidamente cubertas e/ou que non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Esta relación figura como anexo desta resolución.
Segundo. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, conforme se establece nesta resolución. De non o facer, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Terceiro. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse ao servizo de conciliación familiar a través da conta de correo demografiaeconciliacion@xunta.gal
Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2018
María Amparo González Méndez
Directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
ANEXO
Nº de expediente |
Solicitante |
NIF |
Documentación requirida |
BS403F/2018-1 |
Sagrado Corazón de Celanova SCG |
F32022824 |
Memoria xustificativa da necesidade das actuacións propostas, en que deberá quedar acreditado que non se trata de mantemento xeral nin de substitución de materiais deteriorados polo uso. Tamén deberá recoller como se atende o aspecto mencionado no artigo 4.2 da Orde do 27 de xuño. |
BS403F/2018-3 |
Asociación Educativa San Nicolás |
G36822567 |
Ampliación da memoria xustificativa en que deberá recoller o destino do equipamento de novas tecnoloxías para o que se solicita a axuda, así como do xa adquirido e subvencionado no ano 2017. |
BS403F/2018-5 |
Asociación Educativa Ángel de la Guarda |
G36771459 |
Ampliación da memoria xustificativa en que deberá recoller o destino do equipamento de novas tecnoloxías para o que se solicita a axuda, así como do xa adquirido e subvencionado no ano 2017. |
BS403F/2018-7 |
Fundación María Seoane Colmeiro |
G36261899 |
Ampliación da memoria xustificativa en que deberá recoller o destino do equipamento de novas tecnoloxías para o que se solicita a axuda, así como do xa adquirido e subvencionado no ano 2017. |
BS403F/2018-15 |
Asociación Educativa Aloha |
G15867153 |
Ampliación da memoria xustificativa da actuación proposta onde se describa de xeito detallado o mobiliario a adquirir e o seu destino. |
BS403F/2018-16 |
Asociación Educativa Monte Saíñas |
G36595247 |
Certificación da contía establecida nos orzamentos da entidade da contía específica destinada á finalidade para a que se solicita a axuda, dado que o custe das actuacións supera o importe máximo subvencionable. |
BS403F/2018-17 |
Asociación G Laboral Pipo |
G36213718 |
Ampliación da memoria xustificativa na que deberá recoller o destino do equipamento de novas tecnoloxías e da aula multisensorial para os que se solicita a axuda, así como dos xa adquiridos e subvencionados no ano 2017. |
BS403F/2018-23 |
Asociación Educativa Santiago Apóstol |
G94062486 |
Ampliación da memoria xustificativa na que deberá recoller o destino do equipamento de novas tecnoloxías para o que se solicita a axuda, así como do xa adquirido e subvencionado no ano 2017. |
BS403F/2018-24 |
Asociación Educativa Cativos |
G70458393 |
Ampliación da memoria xustificativa coa descrición das obras a realizar na escola infantil San Rosendo, así como das xa realizadas e subvencionadas no ano 2017. |
BS403F/2018-26 |
Dimafa Sociedad Cooperativa Galega |
F70281365 |
Ampliación da memoria xustificativa con indicación da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e aos nenos. |
BS403F/2018-31 |
Fundación Escolas Populares Gratuítas |
G15043771 |
Tarifa de prezos axustada ao réxime de prezos públicos vixentes regulados polo Decreto 49/2012, do 19 de xaneiro, polo que se aproba o réxime de prezos das escolas infantís 0-3 dependentes da Consellería de Traballo e Benestar. |
BS403F/2018-32 |
Asociación Educativa Dalila |
G36349363 |
Certificación única da contía establecida nos orzamentos da entidade da cantidade específica destinada ás actuacións propostas e asinada. |