Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 3 de setembro de 2018 Páx. 39903

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 23 de agosto de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a comunicación de inicio do procedemento sancionador por infracción administrativa na orde social do expediente 53186106D/12/07/2018/2.1.E e sete máis.

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 40.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en adiante LPAC), mediante publicación no Boletín Oficial del Estado, polo incumprimento dos preceptos que se detallan, notifícanse ás persoas interesadas relacionadas no anexo deste anuncio, as comunicacións de inicio do procedemento sancionador, por infraccións na orde social e para os expedientes liquidatorios de cotas da Seguridade Social.

En atención ao previsto no artigo 46 da LPAC, o acto non se publica na súa integridade, polo que se lles fai saber ás persoas interesadas que o texto íntegro da comunicación de inicio do procedemento sancionador está ao seu dispor, para a súa consulta, nas dependencias da oficina de emprego que lle corresponda, durante o prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Unha vez producida a referida notificación, segundo o disposto no punto 3, do artigo 37 bis, do Regulamento xeral sobre procedementos para a imposición de sancións por infraccións na orde social e para os expedientes liquidatorios da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto 928/1998, do 14 de maio, dispón dun prazo de quince (15) días hábiles, para formular, por escrito, ante a oficina de emprego correspondente, as alegacións que considere oportunas, documentalmente acreditadas. Transcorrido dito prazo, esta xefatura territorial ditará a correspondente resolución.

O prazo para ditar resolución será de seis meses, desde a data do acordo de inicio do procedemento. Transcorrido dito prazo, producirase a caducidade do procedemento e ordenarase o arquivo das actuacións, sen prexuízo de que esta Xefatura Territorial de Pontevedra poida instar un novo procedemento, se a acción non estivese prescrita.

Para que conste e lle sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, expido e asino este anuncio.

Vigo, 23 de agosto de 2018

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 135/2017, do 28 de decembro)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial

ANEXO

Persoa interesada

Nº de expediente

Preceptos infrinxidos

Preceptos sancionadores

Proposta de sanción

Calvo Cabanas, Marcos

53186106D/12/07/2018/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/subsidio por desemprego

Galbán Tato, Gonzalo

35461787L/07/06/2018/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/subsidio por desemprego

González Pérez, María

71518680L/16/07/2018/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/subsidio por desemprego

Lago Rodríguez, Daniel

39467389X/16/07/2018/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/subsidio por desemprego

Mosteiro García, Lucas

35482282K/26/07/2018/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/subsidio por desemprego

Rodríguez Porto, Ismael

35573852M/20/07/2018/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/subsidio por desemprego

Vázquez Corrales, Eloy

78735733V/14/06/2018/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/subsidio por desemprego

Veiga Fernández, Ana Rosa

77009908C/02/07/2018/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/subsidio por desemprego