Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 3 de setembro de 2018 Páx. 39925

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 23 de agosto de 2018, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se notifican as incoacións do expediente sancionador OU-S-36/2018 e un máis por infracción en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro) notifícaselle aos titulares que no anexo se mencionan a incoación do expediente sancionador OU-S-38/2018 e un máis, xa que, intentada polo medio habitual, non se puido practicar.

Neste mesmo acto designouse instructor do expediente a Manuel Ledo Quintas. Os interesados poden promover a súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236, do 2 de outubro).

A resolución do presente expediente sancionador en materia de turismo corresponde ao xefe da Área Provincial de Ourense da Axencia de Turismo de Galicia, segundo se dispón no artigo 26 dos estatutos da devandita axencia, respecto do artigo 4 do Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a citada axencia e se aproban os seus estatutos (DOG nº 193, do 9 de outubro), en relación co artigo 119.1.a) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 124.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, a resolución do presente procedemento sancionador deberá notificarse no prazo dun ano desde a data deste acordo.

Os interesados dispoñen dun prazo de quince (15) días, conforme o establecido no artigo 82.2 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, para presentar, ante o instrutor do procedemento, para a súa incorporación a el, as alegacións, documentos e informacións que consideren convenientes e, se é o caso, propoñer que se practiquen os medios de proba de que pretenda valerse, advertíndolle que, de non formular alegacións no prazo indicado, este acordo se considerará proposta de resolución, de conformidade co previsto no artigo 64.1 da dita lei.

De conformidade co establecido no artigo 85.3 da indicada Lei 39/2015, informáse a persoa imputada de que a sanción sinalada no acordo de incoación poderá ser obxecto das seguintes reducións: o 20 % (no caso de que recoñeza a súa responsabilidade ou pague voluntariamente e calquera momento anterior á resolución) ou o 40 % (no caso de que recoñeza a súa responsabilidade e, ademais, pague voluntariamente en calquera momento anterior á resolución).

Ourense, 23 de agosto de 2018

Cecilio Santalices de la Escosura Mourille
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-S-36/2018.

Titular sancionado: José Francisco Muñoz Vilar.

Establecemento: L´Arrocería.

Domicilio: Mercado, 5.

Localidade: Ourense.

Incoación: 30 de xullo de 2018.

Precepto infrinxido: artigo 110.1) da Lei 7/2011, do 27 de octubre, do turismo de Galicia.

Sanción proposta: 1.200,00 euros.

Expediente: OU-S-38/2018.

Titular sancionado: Fermín Bottier Moya.

Establecemento: Club Nevada.

Domicilio: N-525, km 145, O Canizo.

Localidade: A Gudiña.

Incoación: 31 de xullo de 2018.

Precepto infrinxido: artigos 109.2.a) e 109.2.b) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Sanción proposta: 600,00 euros.