Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 3 de setembro de 2018 Páx. 39884

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de aclaración (PO 779/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 779/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel González Suárez contra Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Auto.

Parte dispositiva.

Dispoño que debo acceder e accedo á aclaración formulada polo letrado Sr. Carballo Jardón, actuando en nome e representación de José Manuel González Suárez, fronte á sentenza ditada o 13 de febreiro de 2018 durante o curso dos presentes autos e, en consecuencia, debo modificar o teor literal da resolución desta nos termos seguintes, confirmando o resto de termos no seu contido íntegro:

Onde di: «... Decido que debo estimar substancialmente e estimo substancialmente a demanda presentada por José Manuel González Suárez, asistido polo graduado social Sr. Carballo Jardón, fronte á mercantil Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A. e fronte ao Fondo de Garantía Salarial (tamén Fogasa) e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A. a aboar ao traballador demandante José Manuel González Suárez a cantidade de principal de 3.508,02 euros (cantidade total devindicada polo non pagamento dos conceptos salariais seguintes: salarios base + rateo pagas extras + complemento perigosidade + complemento transporte + complemento vestiario + horas nocturnas tanto no mes de setembro 2015 coma no mes de outubro 2015 e, así mesmo, os 15 días das vacacións non gozas do ano 2015, ex desagregación detallada do feito probado terceiro da presente resolución xudicial) + a cantidade que resulte e se calcule en ulterior fase de execución de sentenza en concepto de xuro legal devindicado por demora no pagamento do salario sobre a cantidade de principal que teña condición de cantidade salarial ex artigos 26 e 29.3, ambos do Estatuto dos traballadores...».

Debe dicir: «... Decido que debo estimar substancialmente e estimo substancialmente a demanda presentada por José Manuel González Suárez, asistido polo graduado social Sr. Carballo Jardón, fronte á mercantil Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., e fronte ao Fondo de Garantía Salarial (tamén Fogasa) e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A. a aboar ao traballador demandante José Manuel González Suárez a cantidade de principal de 3.580,02 euros (cantidade total devindicada polo non pagamento dos conceptos salariais seguintes: salarios base + rateo pagas extras + complemento perigosidade + complemento transporte + complemento vestiario + horas nocturnas tanto no mes de setembro 2015 coma no mes de outubro 2015 e, así mesmo, os 15 días das vacacións non gozas do ano 2015, ex desagregación detallada do feito probado terceiro da presente resolución xudicial) + a cantidade que resulte e se calcule en ulterior fase de execución de sentenza en concepto de xuro legal devindicado por demora no pagamento do salario sobre a cantidade de principal que teña condición de cantidade salarial ex artigos 26 e 29.3, ambos do Estatuto dos traballadores...».

Notifíquese este auto ás partes comparecidas, facéndolles saber que este é firme e que contra el non cabe interpoñer recurso ordinario ningún distinto ao que, se é o caso, proceda interpoñer contra a resolución a que se refira a solicitude ou aclaración de oficio, de acordo co disposto no artigo 214.4 da Lei de axuizamento civil.

Así, por esta a miña sentenza, da que se unirá testemuño literal aos autos orixinais, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A xuíza substituta

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza