Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 31 de agosto de 2018 Páx. 39694

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (DSP 1066/2017).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1066/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Gago Rodríguez contra Fondo de Garantía Salarial, Global Group Gestión de Compras y Servicios, S.L. sobre despedimento, se ditouse sentenza cuxa decisión di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por José Luis Gago Rodríguez, contra a entidade Global Group Gestión de Compras y Servicios, S.L., e en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento do que o demandante foi obxecto con data do 26 de setembro de 2017, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes, desde a data da presente resolución (5.2.2018), ao cesar na súa actividade a anterior entidade, condenando a entidade Global Group Gestión de Compras y Servicios, S.L., ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 910,96 €, e por salarios de tramitación a razón de 6.246,6 €.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Global Group Gestión de Compras y Servicios, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 10 de agosto de 2018

A letrada da Administración de xustiza