Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 30 de agosto de 2018 Páx. 39610

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1340/2018 MRA).

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1340/2018 desta sección, seguido por instancia de Corporación Arenera da Limia, S.L. contra Fogasa, Graveras Limia, S.L., María José Sanchidrián Peregil, Plácido Seguín Castro, Antonio Estévez Rodríguez, Hormigones A Merca, S.L., Areas Límicas, S.L., Díaz Janeiro, S.L., Arenas Límicas, S.L., Arenas Naturales de Galicia, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

Desestimamos o recurso de suplicación interposto por Corporación Arenera da Limia, S.L. fronte á Sentenza do 16 de febreiro de 2018, do Xulgado do Social número 2 de Ourense, ditada nos autos número 574/2017, seguidos por instancia de Plácido Seguín Castro e Antonio Estévez Rodríguez, que confirmamos. Todo iso cos seguintes pronunciamentos:

1º. Condenamos en custas a parte recorrente. Tales custas comprenderán os honorarios dos avogados/as ou dos graduados/as sociais colexiados das partes contrarias que actuasen no recurso, en defensa ou en representación técnica, no importe de 601 euros para cada un.

2º. Ademais, procede manter as consignacións ou aseguramentos prestados, dándolles o destino legalmente previsto, unha vez que esta resolución sexa firme; así mesmo, disponse a perda do depósito constituído para recorrer, unha vez que esta sentenza sexa firme.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta Sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta Sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma á Hormigones A Merca, S.L., Areas Límicas, S.L., Díaz Janeiro, S.L., Arenas Límicas, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de agosto de 2018

A letrada da Administración de xustiza