Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 28 de agosto de 2018 Páx. 39475

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cangas

EDICTO (226/2015).

José Luis Campos Ramos, letrado da Administración de xustiza e do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cangas, polo presente anuncio:

No presente procedemento de divorcio contencioso 226/2015 seguido por instancia de Jesús Ignacio Fernández del Río fronte a Ana María Mallo Prieto ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza 128/2016.

Cangas, 9 de novembro de 2016.

Vistos por min, Sonia Platas Seoane, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 desta localidade e o seu partido xudicial, os autos de divorcio contencioso número 226/2015 promovidos por Jesús Ignacio Fernández del Río, representado polo procurador dos tribunais Faustino Maquieira Gesteira e asistido pola letrada Virginia Blanco Corral, contra Ana María Mallo Prieto, en situación de rebeldía procesual, autos dos que resultan os seguintes.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por Jesús Ignacio Fernández del Río, representado polo procurador dos tribunais Faustino Maquieira Gesteira, contra Ana María Mallo Prieto, en rebeldía procesual, e declaro disolto por divorcio o matrimonio contraído entre os litigantes o 2 de setembro de 2000, con todos os efectos legais que esta declaración comporta, incluída a disolución do réxime económico de gananciais, desde o momento da separación de feito, no ano 2010, e acordo as seguintes medidas:

Atribúese o uso e desfrute do que foi domicilio conxugal, sito na rúa Álvaro Guitián, nº 13, baixo C, portal 2, de Cangas, e dos bens e útiles que integran o enxoval doméstico, de forma compartida e alterna a cada un dos cónxuxes por períodos anuais, comezando o primeiro ano o esposo e o seguinte a esposa, e así de forma sucesiva, mentres os litigantes non procedan á extinción do condominio que teñen sobre este. Será por conta do que o desfrute o pagamento dos gastos derivados dos servizos deste.

Non procede facer especial pronunciamento sobre custas. Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme e contra ela cabe recurso de apelación no prazo de 20 días desde a súa notificación e que resolverá, se é o caso, a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Unha vez firme esta sentenza, remítase testemuño dela ao Rexistro Civil en que apareza inscrito o matrimonio para que se faga a oportuna anotación marxinal no asento correspondente ao matrimonio dos cónxuxes a que afecta.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenza. Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose a devandita demandada, Ana María Mallo Prieto, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a esta.

Cangas, 10 de novembro de 2016

O letrado da Administración de xustiza