Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 28 de agosto de 2018 Páx. 39473

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (132/2017).

Eu, María Jesús Pérez Fernández, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela, mediante este edicto fago saber que no procedemento de xuízo ordinario número 132/2017, seguido por instancia da parte demandante María Luisa Míguez Salvado, Manuel Míguez Salgado, Alejandro Míguez Viqueira e María Socorro Míguez Viqueira, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza 31/2018.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2018.

Sentenza:

Vistos por min, Ana Belén López Otero, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela, as presentes actuacións de xuízo ordinario tramitadas co número 132/2017, en que interviñeron como demandantes María Luisa Míguez Salvado, Manuel Míguez Salvado, Alejandro Míguez Viqueira e María Socorro Míguez Viqueira, representados pola procuradora dos tribunais Sra. Cerviño Gómez e asistidos polo Letrado Sr. Abal Lourido, e como demandados herdeiros descoñecidos e incertos de Matilde Martínez Seoane e Concepción Martínez Puente en situación de rebeldía, en virtude das seguintes consideracións,

Dispoño:

Estimar a demanda interposta por María Luisa Míguez Salvado, Manuel Míguez Salvado, Alejandro Míguez Viqueira e María Socorro Míguez Viqueira e, en consecuencia, acórdase acceder á rectificación da inscrición rexistral do predio que está rexistrado no Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela, predio número 433, tomo 283, libro 122, folio 126, inscribíndose a súa propiedade, con carácter privativo, a favor de María Luisa Míguez Salvado nunha cota indivisa de 62,96, a favor de Manuel Míguez Salvado nunha cota indivisa de 18,52, a favor de Alejandro Míguez Viqueira nunha cota indivisa de 9,26 e a favor de María Socorro Míguez Viqueira nunha cota indivisa de 9,26, todo iso con cancelación e rectificación dos asentos contraditorios, debendo expedir os oportunos despachos, unha vez firme esta resolución, ao Rexistro da Propiedade para a súa efectividade, sen que proceda facer expresa imposición de custas.

Notifíquese esta resolución a todos os interesados, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte días a partir da súa notificación, para a súa posterior resolución pola Audiencia Provincial, logo de depósito da suma de 50 euros.

Así o acordo, mando e asino».

E para que sirva de notificación en forma á parte demandada, herdeiros descoñecidos e incertos de Matilde Martínez Seoane e de Concepción Martínez Puente, en situación de rebeldía e cuxo domicilio se descoñece, expido, selo e asino o presente edicto.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza