Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 27 de agosto de 2018 Páx. 39410

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de aprobación definitiva do expediente FG número 621.

O Concello Pleno, en sesión ordinaria do 26 de xullo de 2018, acordouse aprobar definitivamente o estudo de detalle quinteiro R2 do P.P. SUP-3R, en Perillo (Doc. do 28.6.2018, nº 12905).

O estudo de detalle é unha disposición xeral, polo que contra el se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta disposición.

Oleiros, 1 de agosto de 2018

Ángel García Seoane
Alcalde presidente