Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 27 de agosto de 2018 Páx. 39408

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 2 de agosto de 2018, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no procedemento de resolución de contrato de arrendamento por falecemento do titular (expediente PO-83/540, conta 10).

Por resultar descoñecido o domicilio das persoas interesadas, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para ser notificadas por comparecencia no procedemento de resolución de contrato de arrendamento por falecemento do titular, expediente PO-83/540, conta 10.

O acto adoptouno o xefe territorial da Consellería de Infraestruturas e Vivenda por delegación da presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo (Resolución do 19 de abril de 2018).

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcalde Hevia, 7, 4º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 2 de agosto de 2018

A xefa da Área Provincial de Pontevedra
P.A. (Resolución do 18.3.2015)
Federico del Campo Navarro
Xefe do Servizo Técnico de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Persoas interesadas

Acto obxecto de notificación

PO-83/540, conta 10

Comunidade hereditaria de José Ignacio Álvarez López

Resolución de contrato de arrendamento por falecemento do titular