Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 27 de agosto de 2018 Páx. 39406

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 1 de agosto de 2018 pola que se notifica a resolución do recurso interposto no expediente IU1/9/2014-X1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 13 de xuño de 2018, ditou resolución pola que se desestima o recurso potestativo de reposición interposto por José Cariño Davila contra o Acordo do director da Axencia, do 19 de xaneiro de 2018, de execución subsidiaria da Resolución do delegado territorial da Coruña da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, do 27 de outubro de 2004, confirmando, en consecuencia, a resolución impugnada, polas obras levadas a cabo no lugar de Praia da Illa, concello da Pobra do Caramiñal, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á persoa interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición onde radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1.3ª da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei.

Para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2018

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística