Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 27 de agosto de 2018 Páx. 39384

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 2/2015).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 2/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Guadalupe Fuentes Porto contra a empresa Toner 10, S.L., Sara Madroño Fernández e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Auto.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2018.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Con data do 11 de xuño de 2018 ditouse sentenza, respecto da cal a parte demandante solicita aclaración, emenda, complemento ou corrección.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. Dispón o artigo 267.1 da Lei orgánica do poder xudicial que “Os tribunais non poderán variar as resolucións que pronuncien despois de asinadas, pero si aclarar algún concepto escuro e rectificar calquera erro material que conteñan”.

Ao anterior precepto débese agregar o establecido nos artigos 214 e seguintes da Lei de axuizamento civil ao establecer que os tribunais non poderán variar as resolucións que pronuncien despois de asinadas, pero si aclarar algún concepto escuro e rectificar calquera erro material que conteñan.

As aclaracións a que se refire o número anterior poderán facerse de oficio dentro dos dous días hábiles seguintes ao da publicación da resolución, ou por petición de parte ou do Ministerio Fiscal formulada dentro do mesmo prazo; neste caso será resolta polo tribunal dentro dos tres días seguintes ao da presentación do escrito en que se solicite a aclaración.

Os erros materiais manifestos e os aritméticos en que incorran as resolucións xudiciais poderán ser rectificados en calquera momento.

Pola súa parte, o artigo 215 refírese á emenda e complemento de sentenzas e autos defectuosos e establece que as omisións ou defectos de que poidan adoecer sentenzas e autos e que for necesario remediar para levar plenamente a efecto as devanditas resolucións poderán ser emendadas, mediante auto, nos mesmos prazos e polo mesmo procedemento establecidos no artigo anterior.

Se se trata de sentenzas ou autos que omitisen manifestamente pronunciamentos relativos a pretensións oportunamente deducidas e tramitadas no proceso, o tribunal, por solicitude escrita de parte no prazo de cinco días contado desde a notificación da resolución, logo de traslado da devandita solicitude ás demais partes, para alegacións escritas por outros cinco días, ditará auto polo que resolverá completar a resolución co pronunciamento omitido ou que non procede completala.

Se o tribunal advirte en sentenzas ou autos que ditase as omisións a que se refire o número anterior poderá, no prazo de cinco días contado desde a data en que se dita, proceder de oficio, mediante auto, a completar a súa resolución, pero sen modificar nin rectificar o que acordase.

Non caberá recurso ningún contra os autos en que se completen ou se denegue completar as resolucións a que se refiren os anteriores números deste artigo, sen prexuízo dos recursos que procedan, se é o caso, contra a sentenza ou auto a que se refira a solicitude ou a actuación de oficio do tribunal. Os prazos para estes recursos, se foren procedentes, comezarán a computarse desde o día seguinte ao da notificación do auto que recoñecese ou negase a omisión de pronunciamento e acordase ou denegase remediala.

Por outra parte, non procede acceder á imposición de custas no presente procedemento. A mera incomparecencia do demandado non é razón de temeridade ou mala fe.

Segundo. En aplicación do anterior, a parte demandante solicita aclaración da sentenza ditada nos presentes autos, por entender que hai unha omisión emendable, xa que na demanda que deu orixe a este procedemento figuraba como demandado Alberto Madroño Hernández. Con data do 20 de xuño de 2017 ditouse decreto en que se declaraba en rebeldía e tras ser impugnado polos seus herdeiros, que alegaron que non eran sucesores e achegaron escritura de apartamento da herdanza, por Decreto do 31 de xullo de 2017, estimouse o recurso e consideráronse os fillos apartados do procedemento e solicitouse a emenda tras condenar en sentenza unicamente a Toner 10, S.L. e Sara Madrono e non efectuar alegación ningunha respecto de Alberto Madroño Hernández ao non desistir da acción contra el exercida e non haber ningún pronunciamento en sentenza.

Na sentenza cuxa aclaración se solicita, resólvese:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por instancia de Guadalupe Fuentes Porto contra a entidade Toner 10, S.L., contra Sara Madroño Fernández e Fogasa, sobre reclamación de cantidade e, en consecuencia, debo condenar e condeno as demandadas Toner 10, S.L. e Sara Madroño Fernández ao aboamento á demandante da cantidade de 7.974,23 euros como cantidades debidas, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre esa cantidade, devindicados desde a data de presentación da papeleta de conciliación (STS 17.6.2014) ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución. Ademais da cantidade de 200 euros en concepto de honorarios.

Debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Faise constar nos antecedentes de feito:

Terceiro. Tras comunicar as partes o falecemento de Alberto Madroño Fernández, ditouse decreto en que se declaraban en rebeldía os sucesores, o cal foi impugnado en reposición e, por medio do Decreto do 31 de xullo de 2017, estimado o recurso, considerando apartados os sucesores do demandado do procedemento ao constar a súa renuncia á herdanza.

Producida en forma a renuncia á herdanza con equivalencia plena á súa repudiación ao non constar unha aceptación previa, é obvio que carecen de carácter e de lexitimación, o que non impide se siga o procedemento contra os bens relictos do causante, en caso de estimación das pretensións da demandante.

Procede, por isto, a aclaración da sentenza no sentido de que na resolución debe terse en conta:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por instancia de Guadalupe Fuentes Porto contra a entidade Toner 10, S.L., Alberto Madroño Hernández e contra Sara Madroño Fernández e Fogasa, sobre reclamación de cantidade e, en consecuencia, debo condenar e condeno as demandadas Toner 10, S.L., Sara e Alberto Madroño Hernández (falecido e respecto do cal se intentou a sucesión procesual, debendo responder os bens relictos do causante) ao aboamento á demandante.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral aplicación.

Parte dispositiva:

Procede aclarar a Sentenza do 11 de xuño de 2018 no sentido indicado na fundamentación xurídica desta resolución.

Esta resolución é firme e contra ela non cabe ningún recurso.

Así, por esta miña resolución, o pronuncio, mando e asino. Carolina Nores Díaz, maxistrada titular do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Toner 10, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza