Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 24 de agosto de 2018 Páx. 39189

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Celanova

ANUNCIO de notificación da comunicación e requirimento para lembrar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas (expediente 238/2018).

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e téndose intentado a notificación á persoa responsable, sen que fose posible efectuala por causas non imputables ao Concello de Celanova (Ourense), polo presente anuncio ponse de manifesto o incumprimento pola persoa responsable que a continuación se indica da obriga de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas en relación co inmoble que, así mesmo, se describe, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Persoa responsable

Teresa Pérez López

Referencia catastral

32025A509006430000MQ

Localización

A Gandarela-Castromao (Santa María)

Polígono 509, parcela 643

Parcelaria-Celanova (Ourense)

Polígono

509

Parcela

643

Uso

Agrario

En consecuencia, comunícaselles ás persoas que resulten responsables conforme o artigo 21.ter da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, a súa obriga da xestión da biomasa e, se é o caso, da retirada de especies arbóreas prohibidas, concedéndolles un prazo de quince (15) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado, para facelo, co apercibimento e a advertencia de que:

1º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o devandito prazo, este concello procederá sen máis trámites á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

2º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción inmediata en caso de persistencia no incumprimento, logo do transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados, de ser o caso, os traballos. A liquidación provisional consiste no establecemento dunha cantidade estimada por hectárea dos traballos necesarios para xestionar a biomasa

3º. En caso de persistencia no incumprimento logo do transcurso do prazo outorgado iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador:

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia):

– O Concello de Celanova nos supostos de incumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e de retirada de especies arbóreas nas redes de faixas secundarias de xestión de biomasa e arredor das novas instalacións, urbanizacións e edificacións, sempre que se atopen en solo urbano urbanizable ou de núcleo rural.

– A Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia en todos os demais casos (solo rústico).

b) Cualificación da infracción: infracción leve (51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia).

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impoñer: 1.000,00 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia).

d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas.

Celanova, 30 de xullo de 2018

José Luis Ferro Iglesias
Alcalde