Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 24 de agosto de 2018 Páx. 39191

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas da vía do sistema xeral SX-IN-07.

Expediente EE 1067/2018.

O pleno da Corporación, na sesión ordinaria do 30.7.2018, acordou o seguinte:

«1. Aprobar inicialmente o Plan especial de infraestruturas da vía do sistema xeral SX-IN-07, A Rúa, parroquia de Mos.

2. Someter a información pública este acordo, durante dous meses, mediante publicacións de anuncio no DOG e nun xornal dos de maior difusión da provincia.

3. Notificar, así mesmo, este acordo a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados.

4. Solicitar os informes sectoriais e consultas que resulten procedentes das administracións públicas competentes».

O prazo de exposición pública do expediente iniciarase o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo o expediente poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Mos, 1 de agosto de 2018

Nidia Mª Arévalo Gómez
Alcaldesa