Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 23 de agosto de 2018 Páx. 39070

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 65/2018).

Execución de títulos xudiciais 65/2018

Procedemento de orixe: despedimento obxectivo individual 758/2017

Sobre: despedimento

Demandante: Alejandra Seoane García

Avogado: Pablo Manuel de Acosta González

Demandados: Aparcamiento Labacolla, S.L., Fogasa

Avogados: (...), letrado de Fogasa

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 65/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alejandra Seoane García contra a empresa Aparcamiento Labacolla, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou auto do 23 de xullo de 2018 e decreto en data 26 de xullo de 2018, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva

Dispoño: que debo estimar e estimo a pretensión de extinción da relación laboral formulada por Alejandra Seoane García, asistida polo letrado Sr. De Acosta González, fronte á mercantil Aparcamiento Labacolla, S.L., e fronte ao Fondo de Garantía Salarial (tamén Fogasa) e, en consecuencia, debo efectuar e efectúo os pronunciamentos seguintes:

Declaro extinguida a relación laboral existente entre a agora executante e a empresa agora executada na data da presente resolución xudicial, día 23 de xullo de 2018, e condeno a executada a aboarlle á executante a cantidade de 2.163,15 euros en concepto de indemnización por despedimento improcedente + 13.041 euros en concepto de salarios de tramitación deixados de percibir pola traballadora desde a data de efectos do seu despedimento (día 12 de setembro de 2017) ata a data do presente auto de extinción da relación laboral (día 23 de xullo de 2018); + 1.470,48 euros en concepto de saldo ou liquidación + a cantidade que procede calcular en ulterior fase de execución de sentenza en concepto de xuro legal por mora no pagamento do salario (ao 10 % anual), de acordo co disposto no artigo 29.3 do ET en consonancia co artigo 26 do mesmo texto legal (son, neste suposto, cantidades de natureza salarial o total das que reúne o principal de condena).

Para o caso de non pagamento das citadas cantidades a que se condenou á parte agora executada, despois de acordarse xa na presente execución a orde xeral e despacho desta, para a continuación dos trámites previstos no artigo 551.3 da LAC, téñase en conta o decreto que ditará a secretaria xudicial deste órgano do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, e a execución seguirase pola cantidade total que corresponda coa suma das que resulten, ex artigo 251.1 da Lei reguladora da xurisdición social.

Notifíqueselles este auto ás partes comparecidas, facéndolles saber que este non é firme e contra ela cabe interpor recurso de reposición, que se interporá no prazo de tres días contados desde o día seguinte ao de notificación da presente, de acordo co disposto nos artigos 186, seguintes e concordantes da nosa Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta a miña sentenza, da cal se unirá testemuño literal aos autos orixinais, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A xuíza substituta A letrada da Administración de xustiza»

E a parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva

Para dar efectividade ás medidas concretas, acordo:

Dar traslado a Alejandra Seoane García e ao Fondo de Garantía Salarial co fin de que no prazo de quince días poida designar a existencia de novos bens titularidade da executada e, no caso contrario, declararase a insolvencia desta.

En virtude do disposto no artigo 551 da LAC, de aplicación supletoria, consúltese o Rexistro Público Concursal para os efectos previstos no artigo 5 bis, número 4, da Lei concursal e únase o resultado ás actuacións, e póñase en coñecemento do Rexistro Público Concursal o ditado do auto de data 23 de xullo de 2018 polo que se despacha execución con expresa especificación do número de identificación fiscal do debedor contra quen se despachou execución (artigo 551.3, punto final).

Notifíqueselles ás partes e a Aparcamiento Labacolla, S.L. por medio de edictos no DOG, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Santander, conta número 5076 0000 64 0065 18. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274 e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0065 18”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza»

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que lle sirva de notificación a Aparcamiento Labacolla, S.L., expido o presente.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza