Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 22 de agosto de 2018 Páx. 38920

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (64/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 64/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Mar González Rodríguez contra Farpos Mas Moda, S.L, Fogasa sobre despedimento, se ditou sentenza coa seguinte parte dispositiva:

«Que debo estimar e estimo as demandas que en materia de resolución de contrato e despedimento foi interposta por María del Mar González Rodríguez, contra a entidade Farpos Mas Moda, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que vinculaba a María del Mar González Rodríguez, coa entidade Farpos Mas Moda, S.L., no día de hoxe (16 de xullo de 2018), condenando a entidade Farpos Mas Moda, S.L., ao aboamento á traballadora dunha indemnización a razón de 21.735,2 € e salarios de tramitación devindicados entre o 1 de xaneiro e o 16 de xullo de 2018, a razón de 35,73 € día, o que supón a cantidade de 7.039,6 € brutos.

Que debo estimar e estimo, a demanda que en materia de cantidade foi interposta por María del Mar González Rodríguez, contra a entidade Farpos Mas Moda, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Farpos Mas Moda, S.L., a que aboe ao demandante a cantidade de 2.908,27 € líquidos por salarios devindicados entre outubro e decembro de 2017, así como os xuros do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais, con imposición das custas do presente procedemento, que incluirán os honorarios do letrado co límite de 600 €.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial».

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Farpos Mas Moda, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza