Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 22 de agosto de 2018 Páx. 38919

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (DSP 942/2017).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 942/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Fernando Chans Cao contra Construcciones Chans Veira, S.L., Jesús Chans Cao e Trabajos Verticales 2016, S.L., sobre despedimento, se ditou a Resolución do 29 de xuño de 2018 contra a cal se pode interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días, e fágolles saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

Para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Chans Veira, S.L., Jesús Chans Cao e Trabajos Verticales 2016, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de xullo de 2018

O letrado da Administración de xustiza