Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 22 de agosto de 2018 Páx. 38913

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 761/2018-RMR).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación (RSU) 761/2018

Xulgado de orixe/autos: conflitos colectivos 76/2017 Xulgado do Social número 2 de Lugo

Recorrente: Arriva Noroeste, S.L.

Avogado: Francisco José Castiñeira Martínez

Recorridos: Unión General de Trabajadores de Galicia, Sindicato Nacional de Comisiones Obreras, Confederación de Empresarios de Galicia, Confederación Intersindical Galega, Sindicato Independiente de Trabajadores (Sita), Sixto Álvarez Castro, Paulino Peteira Basanta, Ángel Fanego Paraños, Antonio García Freire, José Bernardo Prieto, Manuel Servando Blanco Rodríguez, José Manuel Díaz Míguez, Atilano Fernández Martínez, José Antonio López Souto, Ricardo Prieto Ares, José Rodríguez Pérez, José Pablo Sánchez Fernández

Avogados: María Teresa Souto Neira (...), Germán Vázquez Díaz (...)

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 761/2018 seguido por instancia de Arriva Noroeste, S.L. contra Confederación Intersindical Galega, Unión General de Trabajadores de Galicia, Sindicato Nacional de Comisiones Obreras e outros, sobre conflito colectivo, se ditou a seguinte resolución:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto polo letrado Francisco José Castiñeira Martínez, actuando en nome e representación da empresa Arriva Noroeste, S.L. contra a sentenza de data dezaoito de outubro de dous mil dezasete, ditada en autos 76/2017 do Xulgado do Social número 2 de Lugo, sobre conflito colectivo, seguidos por instancia da empresa recorrente contra a Confederación Intersindical Galega (CIG), Unión Xeral de Trabajadores de Galicia (UGT), o sindicato Comisións Obreiras de Galicia (CC.OO.), o Sindicato Independiente de Trabajadores (Sita), a Confederación de Empresarios de Galicia, os delegados de persoal Sixto Álvarez López, Paulino Peteira Basanta, Ángel Faengo Paraños, Antonio García Freire, e como interesados os traballadores José Bernardo Prieto, Manuel Servando Blanco Rodríguez, José Manuel Díaz Míguez, Atilano Fernández Martínez, José Antonio López Souto, Ricardo Prieto Ares, José Rodríguez Pérez e José Pablo Sánchez Fernández, confirmámola integramente en todos os pronunciamentos que contén.

Sen custas. Decrétase a perda do depósito constituído pola empresa para recorrer.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma ao Sindicato Independiente de Trabajadores de Arriva (Sita), en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido na praza da Constitución, Estación de Autobuses, Lugo, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza