Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 22 de agosto de 2018 Páx. 38944

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 8 de agosto de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se notifica a resolución do procedemento de responsabilidade patrimonial no expediente RP-2016-0141-L, devolta polo servizo de Correos.

O 25 de maio de 2018, o conselleiro de Sanidade ditou resolución relativa á reclamación de responsabilidade patrimonial por asistencia sanitaria que formularon Montserrat Martínez Sampedro, Carlota e Carmen Ruiz Martínez, representadas por Cipriano Castreje Martínez.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles a devandita resolución, que foi devolta polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Así mesmo, e como segundo o artigo 46 da devandita Lei 39/2015, do 1 de outubro, a publicación da resolución pode lesionar dereitos ou intereses lexítimos, esta cédula limitarase á publicación, como anexo, dunha sucinta indicación do contido do acto e do lugar onde as interesadas poderán comparecer en prazo, para coñecemento do contido íntegro do dito acto e constancia de tal coñecemento.

Lémbrase que a citada resolución pon fin á vía administrativa de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Contra ela poderán interpor recurso contencioso-administrativo, de acordo co que establece o artigo 14.1, na súa regra segunda, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O prazo será de dous meses, contados desde o día seguinte ao da notificación, de conformidade co artigo 46 da referida lei xurisdicional.

A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2018

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO

Nº de expediente: RP-2016-0141-L.

Reclamantes: Montserrat Martínez Sampedro, Carlota e Carmen Ruiz Martínez.

Último enderezo coñecido: rúa Enrique Mariñas, nº 36, 7º, oficina 1, Edificio Torres de Cristal, na Coruña (despacho de avogados Cipriano Castreje Martínez, que as representa).

Contido da notificación: Resolución do conselleiro de Sanidade, do 25 de maio de 2018, relativa á reclamación de responsabilidade patrimonial por expediente de saúde pública.

Lugar de comparecencia: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade. Edificio Administrativo San Lázaro, 15703 Santiago de Compostela.

Prazo de comparecencia: dez (10) días.