Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 22 de agosto de 2018 Páx. 38946

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado 117/2018.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación do emprazamento persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo.

En aplicación do artigo 44 da Lei 39/2015, esta notificación ten que ser publicada no BOE, e esta data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

En consecuencia, esta secretaría xeral técnica resolveu, de conformidade co disposto no artigo 49 de Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado e emprazamentos individuais. O que se notifica para o coñecemento das persoas interesadas no procedemento, sinaladas no anexo, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos nº 117/2018 no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra, no prazo de nove (9) días contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no BOE.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2018

María Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural

ANEXO

Interesado

Acto de notificación

Coral Lago Leirós

Emprazamento

Fátima García Rodríguez

Emprazamento

Óscar Bar Blanco

Emprazamento

Pedro José Jusdado Valle

Emprazamento