Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 21 de agosto de 2018 Páx. 38801

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Vilagarcía de Arousa

EDICTO (LSG 665/2012).

Virginia González Benedidt, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Vilagarcía de Arousa, polo presente anuncio:

No presente procedemento de liquidación de sociedade de gananciais número 665/2012 seguido por instancia de Manuel Porto García fronte a María de los Milagros Porto García, María del Carmen Porto García e José Luis Porto García ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Vilagarcía de Arousa, 30 de outubro de 2015.

Vistos por Sofía Leonor Castro Verdes, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 desta cidade, os autos de liquidación de sociedade de gananciais tramitados neste xulgado co número 665/2012, promovidos por Manuel Porto García, representado pola procuradora Sra. Pereira Rodríguez e asistido polo letrado Sr. Torres Padín, contra María de los Milagros Porto García, representada pola procuradora Sra. García de los Mozos e asistida polo letrado Sr. García Gómez, María del Carmen Porto García, representada pola procuradora Sra. García de los Mozos e asistida pola letrada Sra. Guede Pérez, e José Luis Porto García, declarado en situación procesual de rebeldía, sobre formación de inventario.

Resolución.

Estimo parcialmente a proposta de inventario presentada pola procuradora Sra. Pereira Rodríguez, en nome e representación de Manuel Porto García, contra María Milagros Porto García, María del Carmen Porto García e José Luis Porto García.

Aprobo o inventario de bens proposto pola parte demandante coas modificacións que se indican nos fundamentos de dereito desta resolución. En consecuencia, o inventario de bens do matrimonio formado por José Luis Porto Tubío e Milagros García Regueiro estará integrado polas seguintes partidas:

Bens gananciais:

1. Crédito da sociedade de gananciais contra Milagros García Regueiro polo valor do obrado no terreo sito na rúa García Hermo, 5, Vilagarcía de Arousa, con referencia catastral 9774811NH1197S0001JA, cunha vivenda unifamiliar de planta alta e baixa, parcela de 1860 metros cadrados e que ten como anexo unha casota e un garaxe, así como os muros que a rodean.

Non hai pasivo.

Bens privativos dos anteriores.

José Luis Porto Tubío non ten.

Bens privativos de Milagros García Regueiro:

1. Soar con vivenda na rúa García Hermo, 5, Vilagarcía de Arousa, con referencia catastral 9774811NH1197S0001JA, cunha vivenda unifamiliar de planta alta e baixa, parcela de 1.860 metros cadrados e que ten como anexo unha casota e un garaxe, así como os muros que a rodean.

2. Crédito fronte a María Milagros Porto García por importe da metade da retirada de 1.000 euros, realizada por esta o día 3.11.2010, da conta 0182-0639-37-0200008301.

Pasivo.

O crédito sinalado na partida número 1 do inventario de bens gananciais.

Non se fai condena en custas, cada parte deberá aboar as custas causadas pola súa instancia e as comúns por metade.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, por medio dun escrito que deberán presentar neste xulgado nun prazo de 20 días desde a súa notificación. Para a interposición do recurso será necesario constituír un depósito de 50 euros, de conformidade co que establece a disposición adicional décimo quinta da LOPX, que será requisito para a súa admisión».

Así por esta miña sentenza, xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo, Sofía Leonor Castro Verdes, xuíza titular deste xulgado e do seu partido xudicial.

E encontrándose o devandito demandado, José Luis Porto García, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vilagarcía de Arousa, 11 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza