Antecedentes:
Mediante a Resolución do 28 de setembro de 2017 acordouse a incoación do procedemento administrativo para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de Cristina Ares Álvarez (ABI/2016/0043).
A citada resolución publicouse no Boletín Oficial del Estado (núm. 254, do 21.10.2017), no Diario Oficial de Galicia (núm. 198, do 18.10.2017), na páxina web da Consellería de Facenda, e foi exposta nos taboleiros de anuncios dos concellos da Coruña, Culleredo e Pontedeume por prazo non inferior a un mes.
Constan no expediente os correspondentes certificados de defunción e derradeiras vontades relativos á persoa causante, nos cales se acredita o seu falecemento, o 3 de agosto de 2011, no municipio de Culledero, e que, aínda que tiña outorgado derradeiro testamento o 10 de novembro de 2005, tanto os instituídos herdeiros como o resto de familiares con dereito por sucesión legal renunciaron á herdanza da causante. Así mesmo, figura igualmente incorporado certificado do seu empadroamento no Concello da Coruña, e queda xustificada a súa veciñanza civil galega.
Non se recibiron alegacións, documentos ou outros elementos de xuízo que cuestionen a sucesión a favor da Administración autonómica.
Das consultas efectuadas perante o Catastro Inmobiliario, no Índice xeral informatizado de predios e dereitos do Rexistro da Propiedade e no Rexistro Xeral de Contratos de Seguros de Cobertura de Falecemento, así como da información obtida de diferentes entidades bancarias e por outras fontes, determinouse, en principio, que polo menos forman parte do caudal hereditario da persoa finada os bens e dereitos que se adxudican no punto segundo desta resolución, sen prexuízo da inclusión na herdanza daqueloutros que se identifiquen con posterioridade a esta declaración como de titularidade da persoa causante.
A Asesoría Xurídica emitiu informe sobre a adecuación e suficiencia das actuacións practicadas para a declaración da Comunidade Autónoma como herdeira ab intestato da persoa causante.
Fundamentos xurídicos:
Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, artigos 267 e seguintes.
Código civil, artigos 657 e seguintes.
Lei 33/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das administracións públicas, artigos 20.6, 20.bis e 20.ter.1.
Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, artigos 4 e 56.
Decreto 94/1999, do 25 de marzo, sobre réxime administrativo da sucesión intestada a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Decreto 30/2017, do 30 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda, artigos 4 e 7.
Segundo o anterior,
RESOLVO:
Primeiro. Declarar a Comunidade Autónoma de Galicia única e universal herdeira ab intestato de Cristina Ares Álvarez, con DNI 32787106P, entendéndose legalmente aceptada a herdanza a beneficio de inventario.
Segundo. Adxudicar á Administración autonómica os seguintes bens e dereitos da herdanza identificados:
a) Bens inmobles:
– Piso cuarto esquerda, local de vivenda, do edificio nº 42-44 da rúa do Orzán, da cidade da Coruña, que ten unha superficie útil aproximada de 121,30 m². Estrema, segundo a orientación do edificio: fronte, espazo sobre a rúa do Orzán; dereita entrando, casa nº 40 da mesma rúa; esquerda, vivenda dereita deste mesmo andar, caixas do elevador e escaleiras, e patio interior de luces, e costas, parede do edificio e, en parte, espazo sobre o patio posterior do inmoble. Cota de participación: cincuenta e catro milésimas. Ten anexa unha praza de garaxe no soto segundo do edificio. Non constan cargas nin gravames.
Forma parte da referencia catastral: 8625004NJ4082N0034TX.
Valor catastral total: 67.277,02 euros.
Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade da Coruña nº 1, libro 972, folla 225, predio nº 57.556.
– Praza de garaxe número catro do soto segundo do edificio nº 42-44 da rúa do Orzán, da cidade da Coruña, que ten unha superficie útil aproximada de 12,58 m². Estrema, segundo a orientación do edificio: fronte, en parte, predio número vinte e dous e, en parte, o predio horizontal número dezaseis, dereita entrando, parede principal do edificio; esquerda, predio número dezaseis; e costas, predio horizontal número vinte. Cota de participación: cinco milésimas. Resulta anexa á vivenda correspondente ao piso cuarto esquerda do edificio. Non constan cargas nin gravames.
Forma parte da referencia catastral: 8625004NJ4082N0034TX.
Valor catastral total: 67.277,02 euros.
Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade da Coruña nº 1, libro 972, folla 161 vto., predio nº 57.524.
– Treceava parte indivisa do predio horizontal número dezaseis, do edificio nº 42-44, da cidade da Coruña, que ten unha superficie de 91 m². Estrema, segundo a orientación do edificio: fronte, caixa do elevador e predios horizontais números vinte e tres e vinte e catro; dereita entrado, predios horizontais números dezaoito, dezanove, vinte, vinte e un, vinte e dous, sala de caldeiras e zona de acceso ao soto primeiro; esquerda, predios horizontais números vinte e cinco, vinte e seis, vinte e sete, vinte e oito, vinte e nove e número dezasete; e costas, casas números once, trece e quince da rúa Juan Canalejo, e dentro dela o predio horizontal número oito, polo que ten o seu acceso. Cota de participación: doce milésimas. Este inmoble está destinado exclusivamente a zona de acceso e circulación interior.
Non consta referencia catastral.
Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade da Coruña nº 1, libro 972, folla 143, predio nº 57.514.
– Vivenda dereita do primeiro andar da rúa Postigo, nº 6, hoxe rúa Picho, da vila de Pontedeume, que mide uns 50 m² de superficie útil. Estrema: dereita, hoxe edificio nº 4 da rúa Picho; esquerda, oco das escaleiras e vivenda da esquerda; fondo, vivenda do fondo deste mesmo andar, e fronte, rúa de situación. Cota de participación, dez enteiros. Non constan cargas nin gravames.
Forma parte da referencia catastral: 7065920NJ6076N0002UK.
Valor catastral total: 41.179,33 euros.
Non consta inscrición rexistral.
– Vivenda esquerda do primeiro andar da rúa Postigo, nº 6, hoxe rúa Picho, da vila de Pontedeume, que mide uns 50 m². Estrema: dereita, oco das escaleiras e vivenda da dereita; esquerda, hoxe edificio nº 8 da rúa Picho; fondo, vivenda do fondo deste mesmo andar, e fronte, rúa de situación. Cota de participación, dez enteiros. Non constan cargas nin gravames.
Forma parte da referencia catastral: 7065920NJ6076N0002UK.
Valor catastral total: 41.179,33 euros.
Non consta inscrición rexistral.
– Vivenda do fondo do primeiro andar da rúa Postigo, nº 6, hoxe rúa Picho, da vila de Pontedeume, que mide uns 40 m². Estrema: dereita, hoxe edificio nº 4 da rúa Picho; esquerda, hoxe edificio nº 8 da rúa Picho e horta anexa ao edificio; fondo, horta traseira anexa ao edificio, e fronte, oco das escaleiras e vivendas dereita e esquerda deste mesmo andar. Cota de participación, dez enteiros. Non constan cargas nin gravames.
Forma parte da referencia catastral: 7065920NJ6076N0002UK.
Valor catastral total: 41.179,33 euros.
Non consta inscrición rexistral.
– Vivenda esquerda do terceiro andar da rúa Postigo, nº 6, hoxe rúa Picho, da vila de Pontedeume, que mide uns 50 m² de superficie útil. Estrema: dereita, oco das escaleiras e local da dereita deste mesmo andar; esquerda, hoxe edificio nº 8 da rúa Picho; fondo, horta traseira anexa ao edificio, e fronte, rúa de situación. Cota de participación, dez enteiros. Non constan cargas nin gravames.
Forma parte da referencia catastral: 7065920NJ6076N0002UK.
Valor catastral total: 41.179,33 euros.
Non consta inscrición rexistral.
– Local dereita do terceiro andar da rúa Postigo, nº 6, hoxe rúa Picho, da vila de Pontedeume, que mide uns 100 m², distribuído en rochos. Estrema: dereita, hoxe edificio nº 4 da rúa Picho; esquerda, oco das escaleiras e vivenda da esquerda deste andar; fondo, horta traseira anexa ao edificio, e fronte, rúa de situación. Cota de participación, dez enteiros. Non constan cargas nin gravames.
Non consta referencia catastral.
Non consta inscrición rexistral.
– Terreo situado na rúa Picho de Pontedeume, tras o edificio co nº 6, duns 318 m² de superficie, segundo o Catastro Inmobiliario. Estrema: norte, con inmoble da rúa Porto, nº 11 e edificio do nº 4 da rúa do Picho; sur e oeste, con inmoble da rúa do Picho, nº 19, e leste, con inmobles da rúa do Picho nº 4 e 6. Non constan cargas nin gravames.
Referencia catastral: 7065906NJ6076N0001EJ.
Valor catastral: 2.204,30 euros.
Non consta inscrición rexistral.
b) Contratos e outros efectos bancarios:
– BBVA, conta corrente: 0049 1719 67 2910059690.
– Abanca, conta de aforro: 2080 0000 78 3001447585.
Terceiro. Publicar a presente resolución no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Facenda, área temática de Patrimonio, anuncios que se poden consultar no seguinte enlace: http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/anuncios
Unha copia desta resolución será remitida para a súa exposición pública, por prazo non inferior a un mes, nos taboleiros de anuncios dos concellos da Coruña, Culleredo e Pontedeume.
Esta resolución poderá ser recorrida por infracción das normas sobre competencia e procedemento mediante recurso de alzada, no prazo dun mes, perante o conselleiro de Facenda, de conformidade cos artigos 112.1, 114 e 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións públicas.
Os que se consideren prexudicados en canto ao seu mellor dereito á herdanza ou noutros dereitos de carácter civil pola declaración de herdeira ab intestato ou a adxudicación de bens a favor da Comunidade Autónoma de Galicia poderán exercer as accións pertinentes perante o órgano da xurisdición civil correspondente.
Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2018
A secretaria xeral técnica e do Patrimonio
P.S. (Resolución do 10.7.2018)
Ángeles Vidal Ruiz
Subdirectora xeral de Apoio Técnico-Xurídico