Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 20 de agosto de 2018 Páx. 38658

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 129/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 129/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Jesus Vieites Cores contra Aparcamiento Labacolla, S.L, Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2018.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Juan Jesus Vieites Cores solicitou a execución da sentenza número 11/2018 de data 15 de xaneiro de 2018 ditada no procedemento de despedimento obxectivo individual 765/2017 fronte a Aparcamiento Labacolla, S.L., Fogasa.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. O exercicio da potestade xurisdicional xulgando e facendo executar o xulgado, corresponde exclusivamente aos xulgados e tribunais determinados nas leis e nos tratados internacionais (artigo 117 CE e artigo 2 da LOPX).

O artigo 237.2 da LXS establece que a execución de sentenzas firmes a levará a cabo o órgano xudicial que tiver coñecido do asunto en instancia, polo que corresponde a este Xulgado do Social número 1 o despacho da execución deste título xudicial.

Segundo. A execución iniciarase por instancia de parte, e unha vez iniciada esta tramitarase de oficio ditándose para o efecto as resolucións necesarias (artigo 239 da LXS).

Terceiro. Despois de transcorrer o termo establecido no artigo 279 da LXS, 138.8 da LXS, sen que conste que a empresa demandada procedese á readmisión do/dos traballador/es no prazo e condicións legalmente previsto, corresponde, de conformidade co establecido no artigo 280 LXS, despachar execución do resolto en sentenza.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Dispoño:

– Despachar orde xeral de execución do título indicado a favor do executante Juan Jesús Vieites Cores fronte a Aparcamiento Labacolla, S.L., Fogasa, parte executada.

– De conformidade co disposto no artigo 280 da LXS e conforme a solicitado na demanda executiva, pola letrada da Administración de xustiza sinalarase data para vista do incidente.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición a interpoñer no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da/s infracción/es cometida/s na resolución.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a xuíz/a

O/a letrado/a da Administración de xustiza».

«Dilixencia de ordenación.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2018.

Despois de presentar o traballador, Juan Jesus Vieites Cores, exixindo o cumprimento polo empresario Aparcamiento Labacolla, S.L. da obriga de readmisión, e despois de despacharse auto de execución de data 21 de xuño de 2018, de conformidade ao artigo 280 da LXS, acordo:

Citar de comparecencia ás partes e ao Fondo de Garantía Salarial coas advertencias legais e fágaselles saber que deben asistir cos medios de proba de que intenten valerse, e fixo o próximo día 18 de setembro de 2018 ás 12.30 horas na sala de audiencias número 1 deste xulgado para a celebración da comparecencia.

De non asistir o traballador ou persoa que o represente teráselle por desistido na súa solicitude; se non o fixese o empresario ou o seu representante, celebrarase o acto sen a súa presenza.

Sirva de citación a notificación da presente resolución ás partes comparecidas.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición a interpoñer ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución recorrida.

O/a letrado/a da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Aparcamiento Labacolla, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza