Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 20 de agosto de 2018 Páx. 38656

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (PO 475/2017).

PO. Procedemento ordinario 475/2017

Procedemento de orixe: sobre ordinario

Demandante: José Luis Casal Suárez

Graduada social: María Begoña García Suárez

Demandados: Coprosider, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Aceros y Derivados Marfer, S.L., Aprovisionamientos del Noroeste, S.L.U., Aceros y Metales Marfer, S.L.

Avogado/a: letrado/a de Fogasa

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que mediante resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de José Luis Casal Suárez contra Coprosider, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Aceros y Derivados Marfer, S.L., Aprovisionamientos del Noroeste, S.L.U. e Aceros y Metales Marfer, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 475/2017, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei da xurisdición social (LXS), citar a Coprosider, S.L. e Aprovisionamientos del Noroeste, S.L.U., en ignorado paradoiro, co fin de que comparezan o día 17 de xaneiro de 2019, ás 11.05 horas, na planta -1, sala 6, edificio da Audiencia, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderán comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberán acudir con todos os medios de proba de que intenten valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretendan comparecer ao acto do xuízo asistidas de avogado ou representadas tecnicamente por graduado social colexiado, ou representadas por procurador, porán esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Para que sirva de citación a Coprosider, S.L. e Aprovisionamientos del Noroeste, S.L.U., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 13 de xullo de 2018

O letrado da Administración de xustiza