Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 20 de agosto de 2018 Páx. 38677

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 11 de xullo de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Camariñas (expediente IN407A 2018/079-1).

Expediente: IN407A 2018/079-1.

Solicitante: Electra del Gayoso, S.L.

Denominación: LMTS PF Dor-CT Brea.

Concello: Camariñas.

Características técnicas:

LMTS a 20 kV, de 2.710 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no PF Dor existente (IN407A 2016/1240-1) e final no CT Brea (IN407A 2018/044-1).

Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte (20) días a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

Así mesmo, para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre predios afectados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 11 de xullo de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2018/079-1.

Solicitante: Electra del Gayoso, S.L.

Denominación: LMTS PF Dor-CT Brea.

Concello: Camariñas.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

Número de predio: 2.

Polígono: 28.

Parcela: 581.

Termo municipal: Camariñas.

Lugar: Canle de Brea.

Propietario: CMVMC de Xabiña.

Lonxitude (m): 935.

Superficie afectada (m2): 784.

Ocupación temporal: 2057.

Clase de terreo: camiño.

Número de predio: 10.

Polígono: 28.

Parcela: 576.

Termo municipal: Camariñas.

Lugar: Canle de Brea.

Propietaria: Carmen Carril Cibrán.

Lonxitude (m): 23.

Superficie afectada (m2): 18,4.

Ocupación temporal: 50,6.

Clase de terreo: camiño.