Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 20 de agosto de 2018 Páx. 38675

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Monforte de Lemos

EDICTO (236/2014).

Eu, Eva Manuela García Mallo, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Monforte de Lemos, polo presente fago saber que no presente procedemento de xuízo verbal 263/2014, seguido por instancia de Cunícula Gallega de Inseminación, S.L. fronte a Salvador Martínez Freitas, ditouse sentenza, cuxo encabezamento e fallo son do teor literal seguinte:

«Sentenza 17/2015.

Xuíza: Vanesa García de Paz.

Lugar e data: Monforte de Lemos, 5 de febreiro de 2015.

Procedemento: xuízo verbal 263/2014.

Sobre reclamación de cantidade.

De Cunícola Gallega de Inseminación, S.L.

Procurador/a: Sr/a. Seoane Portela.

Letrado: Sr. Camazón Linacero.

Contra Salvador Martínez Freitas.

Procurador/a: sen profesional asignado.

Resolución.

Estimo a demanda interposta pola representación procesual da parte demandante, Cunícula Gallega de Inseminación, S.L. e condeno a Salvador Martínez Freitas ao pagamento de 3.378,98 euros de principal máis os xuros do artigo 1.108 do CC desde a interposición da demanda ata a sentenza e os do artigo 576 da LAC desde a sentenza ata o seu completo pagamento. Impóñense as custas da primeira instancia á parte demandada.

Notifíquese a presente resolución ás partes interesadas, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación».

E encontrándose o devandito demandado, Salvador Martínez Freitas, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirvade notificación en forma a este.

Monforte de Lemos, 6 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza