Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 14 de agosto de 2018 Páx. 37935

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 27 de novembro de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade das festas laborais de carácter local para o ano 2018, correspondentes aos concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 232, do 7 de decembro de 2017, cómpre facer as seguintes correccións:

No anexo I, provincia da Coruña, na páxina 55530, onde di: «68. Ponteceso: 11 de setembro, Festividade da Barquiña, 12 de setembro, Festividade da Barquiña», debe dicir: «68. Ponteceso: 10 de setembro, Festividade da Barquiña, 11 de setembro, Festividade da Barquiña».