Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 14 de agosto de 2018 Páx. 37939

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 1 de agosto de 2018 pola que se autorizan ensinanzas de bacharelato para persoas adultas, pola modalidade de Artes, no réxime de educación a distancia telemática, no IES San Clemente de Santiago de Compostela.

A Orde do 11 de xuño de 2010 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria autorizou as ensinanzas para persoas adultas nas modalidades presencial e a distancia, en centros específicos de educación e promoción de adultos e institutos de educación secundaria dependentes desta consellería.

Analizadas as necesidades educativas xurdidas e a oferta de modalidades en funcionamento, resulta aconsellable ampliar esta oferta, coa finalidade de mellorar a atención ao alumnado de bacharelato.

Por todo canto antecede e tendo en conta o informe favorable da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo único. Autorización de ensinanzas

Autorizar a implantación das materias Fundamentos da Arte I e II, Deseño e Cultura Audiovisual I e II, da modalidade de Artes do bacharelato para persoas adultas polo réxime a distancia telemático, no IES San Clemente de Santiago de Compostela, código de centro 15021482, a partir do curso 2018/19.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento normativo

Autorízase a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para adoptar todos os actos e medidas necesarios para a aplicación desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria