Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 10 de agosto de 2018 Páx. 37411

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DOI 732/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 732/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Pablo Francos Castromil contra Nacional 10 Horas, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Comité de Empresa Nacional 10 Horas, S.L. e FTI & Partners Recovery Spain, S.L.P. en calidade de administradora concursal sobre despedimento, se ditou sentenza co número 334/2018 en data 12 de xullo de 2018 cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos número 732/2017 sobre despedimento, seguidos por instancia de Juan Pablo Francos Castromil, asistido pola letrada a sra. Noelia Gestal Rodríguez, contra Nacional 10 Horas, Comité de Empresa Nacional 10 Horas, S.L., Administración Concursal FTI & Partners Recovery Spain, S.L.P. e o Fogasa.

Resolución

Estímase a demanda formulada por Juan Pablo Francos Castromil contra Nacional 10 Horas, Comité de Empresa Nacional 10 Horas, S.L., Administración Concursal FTI & Partners Recovery Spain, S.L.P. e o Fogasa, declaro a improcedencia do despedimento e extinguida a relación laboral con efectos da data desta sentenza, condenando a empresa demandada, Nacional 10 Horas, a que lle aboe a cantidade de 43.028,62 euros, en concepto de indemnización calculada a razón de 59,76 euros/día; así como os salarios de tramitación dende a data do despedimento, 26 de agosto de 2017, ata a data desta sentenza, por importe de 19.182,96 euros; así como a cantidade correspondente á indemnización por falta de aviso previo, por importe de 896.4 euros, resultando un total de 63.107,98 euros.

Todo iso sen prexuízo das responsabilidades legais do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia TSXG, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo. Advírtase igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente-causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banco Santander, S.A. a nome desta oficina xudicial co núm. 0049 3569 9200 0500 1274, debendo indicar no campo concepto “recurso” seguido do código “34 Social Suplicación”, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como; no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola devandita cantidade no que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Así o acorda, manda e asina, Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Nacional 10 Horas, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza