Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 10 de agosto de 2018 Páx. 37413

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 227/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 227/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Jiménez Díaz contra Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.U., Uno TV, S.L., Editorial Compostela, S.A., Vídeo Galicia, S.A., Dub Digital Audio, S.L., Cinemar Films, S.L., Filmanova, S.L., Studio XXI Producciones, S.L., Sodinor, S.A., Area 5.1 Factoría Audiovisual, S.L., Bren Entertainment, S.A., Sonorización Noroeste, S.A., Estudio Uno de Doblaje, S.A., Intereuropa TV, S.A., Best Digital, S.A., Voces Meigas, S.A., Dobleson, S.L., CTV, S.A., se ditou sentenza, cuxa parte dispositiva se achega:

«Tense a Carlos Jiménez Díaz por desistida da demanda que deu lugar ao presente procedemento ordinario fronte aos codemandados Editorial Compostela, S.A.; Studio XXI Producciones, S.L.; Sodinor, S.A.; C.T.V., S.A.; Área 5.1 Factoría Audiovisual, S.L.; Filmanova, S.L.; Uno TV, S.L.; Dub Digital Audio, S.L.; Cinemar Films, S.L.; Bren Entertaiment S.A.; Sonorización Noroeste, S.A.; Estudio Uno de Doblaje, S.A.; Intereuropa TV, S.A.; Vídeo Galicia, S.A.; Best Digital, S.A.; Voces Meigas, S.A.; y Dobleson, S.L., e decrétase respecto destes o sobresemento do procedemento.

Que admitindo parcialmente a demanda interposta por Carlos Jiménez Díaz contra Televisión de Galicia, S.A.; Radio-Televisión de Galicia, S.A., debo condenar e condeno a Televisión de Galicia, S.A. a aboarlle ao demandante a suma de 1.485,78 euros en concepto de diferenzas de salario dos meses de outubro de 2014, novembro de 2014 e paga extra de novembro do ano 2014, e complemento de capacitación e permanencia dos meses de outubro e novembro de 2014, máis os xuros do artigo 29.3 do ET respecto da devandita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da Lac a partir da presente resolución ata o completo pagamento.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta non cabe recurso».

E para que sirva de notificación en legal forma a Uno TV, S.L., Vídeo Galicia, S.A., Dub Digital Audio, S.L., Cinemar Films, S.L., Filmanova, S.L., Studio XXI Producciones, S.L., Sodinor, S.A., Area 5.1 Factoria Audiovisual, S.L., Bren Entertainment, S.A., Sonorización Noroeste, S.A., Estudio Uno de Doblaje, S.A., Intereuropa TV, S.A., Best Digital, S.A., Voces Meigas, S.A., Dobleson, S.L., CTV, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza