Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 9 de agosto de 2018 Páx. 37126

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de notificación de orde de execución ao titular da parcela 32076A019005620000US ao abeiro da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Visto o anuncio de notificación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE) con data do 2 de agosto de 2018, e en cumprimento do disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, requíreselle/s ao/s propietario/s, arrendatario/s ou usufrutuario/s da parcela coa referencia catastral 32076A019005620000US, e inscrita no catastro a nome de Francisco Ferreiro Pérez, para que no prazo de quince (15) días execute/n os traballos de limpeza da maleza existente no predio de referencia, coa advertencia da facultade do concello da realización da execución subsidiaria ou ben forzosa, mediante a imposición de multas coercitivas; estando obrigados a facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión de biomasa.

San Cibrao das Viñas, 3 de agosto de 2018

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde