Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 9 de agosto de 2018 Páx. 37127

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de notificación de orde de execución ao titular das parcelas 32076A064003860000UK e 32076A064003870000UR ao abeiro da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Visto o anuncio de notificación no TEU do BOE con data do 27 de xullo de 2018, e en cumprimento do disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, requíreselle/s ao/s propietario/s, arrendatario/s ou usufrutuario/s das parcelas coa referencia catastral 32076A064003860000UK e 32076A064003870000UR, e inscrita no catastro a nome de Encarnación Sierra Rego, para que no prazo de quince (15) días execute/n os traballos de limpeza da maleza existente no predio de referencia, coa advertencia da facultade do concello da realización da execución subsidiaria ou ben forzosa, mediante a imposición de multas coercitivas; estando obrigados a facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión de biomasa.

San Cibrao das Viñas, 3 de agosto de 2018

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde