Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 9 de agosto de 2018 Páx. 37128

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de notificación de orde de execución ao titular da parcela 5623606NG9852S0001BE ao abeiro da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Visto o anuncio de notificación no TEU do BOE con data do 1 de agosto de 2018, e en cumprimento do disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, requíreselle/s ao/s propietario/s, arrendatario/s ou usufrutuario/s da parcela coa referencia catastral 5623606NG9852S0001BE, e inscrita no catastro a nome de Concepción Fernández Prieto, para que no prazo de quince (15) días execute/n os traballos de limpeza da maleza existente no predio de referencia, coa advertencia da facultade do concello da realización da execución subsidiaria ou ben forzosa, mediante a imposición de multas coercitivas; estando obrigados a facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión de biomasa.

San Cibrao das Viñas, 3 de agosto de 2018

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde