Visto o anuncio de notificación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE) con data do 2 de agosto de 2018, e en cumprimento do disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia requíreselles ao/s propietario/s, arrendatario/s ou usufrutuario/s da parcela coa referencia catastral 32076A051000110000UF, e inscrita no catastro a nome de José Luciano Rodrigo Rodríguez Rodríguez, para que no prazo de quince (15) días execute/n os traballos de limpeza da maleza existente no predio de referencia, coa advertencia da facultade do concello da realización da execución subsidiaria ou ben forzosa, mediante a imposición de multas coercitivas; estando obrigados a facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión de biomasa.
San Cibrao das Viñas, 3 de agosto de 2018
Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde