Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 9 de agosto de 2018 Páx. 37092

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 11 de xullo de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello da Laracha (expediente IN407A 2018/084-1).

Nº de expediente: IN407A 2018/084-1.

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Denominación: LMT, CT e RBT As Meneiroas.

Concello: A Laracha.

Características técnicas:

– LMTA a 20 kV (servizo 15 kV), de 23 m, condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio nº 25-4 LA LMT Xesta (liña 1) (expediente 51374) tipo C-14/2000 que substituirá, nunha nova posición, ao de tipo HV-13/250, no treito entre a derivada aos CT Muíños Coiro (expediente 233/97) e Coirón (expediente 238/07) e a derivada ó CT Merelle (expediente 51374) e final no apoio nº 25-4-1 proxectado onde se instalará o novo CTI As Meneiroas proxectado. Substitución do apoio 25-4 existente tipo HV-13/250 por C-14/2000 nunha nova posición.

– Novo CT As Meneiroas intemperie, cunha potencia de 50 kVA, unha relación de transformación de 15.000-20.000/400-230 V, instalado en novo apoio 25-4-1 tipo HVH-11/1600.

Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

Así mesmo, para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre predios afectados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 11 de xullo de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: IN407A 2018/084-1.

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Denominación: LMT, CT e RBT As Meneiroas.

Concello: A Laracha.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Número de predio: 1.

Lugar: Cousa de Arriba.

Localización: A Laracha.

Cultivo: labor.

Propietarios:

– José Ramón López García, 25 % da propiedade.

– Manuel López García, 25 % da propiedade.

– Josefa López García, 25 % da propiedade.

– Ángel López Veira, 8,33 % da propiedade.

– Francisco José López Veira, 8,33 % da propiedade.

– Alfonso López Veira, 8,33 % da propiedade.

Afeccións:

Apoio núm. 25-4, 25-4-1 e CT. Superficie ocupación (m2) 10.

Voo. Lonxitude (m) 23. Superficie afectada (m2) 250.